FRANCESCA NOCIVELLI

A galería dos doces soños

Centro Cultural Marcos Valcárcel | Ourense
do 12 de novembro ao 6 de xaneiro de 2013
Curador: Vítor Nieves

A galería dos doces soños é unha exposición con obras que fixeron as presas do Centro Penitenciari Dones de Barcelona baixo a dirección de Francesca Nocivelli nunha iniciativa impulsada pola ONG Art Solidari.

Art Solidari é unha ONG, fundada no ano 2000 en Barcelona, que está presente en diferentes barrios da cidade. Realizamos talleres artísticos e musicais, con persoas en risco de exclusión social, especialmente, nenos e mozos.

A nosa acción é posible grazas a equipos de voluntarios que deseñan, preparan e levan a cabo eses talleres e aos socios, empresas e organismos públicos que nos apoian economicamente.

Nos seu inicios, Art Solidari foi pioneira en Barcelona, en utilizar a Arte e mais a Música, con fins sociais, polo que recibimos algúns recoñecementos:

No ano 2002, o Ajuntament de Barcelona concedeunos o Premio Barcelona Solidaritat, polo noso proxecto Un somriure Musical al Raval.

No ano 2006, GREC otórganos o premio Nafent, polo proxecto Donem Color a les Persianes del Raval.

En Art Solidari cremos na arte máis alá da súa propia admiración, máis alá da creación, da composición… Máis alá de si mesma… O aspecto creativo da persoa potenciado con sinxelos talleres, con actividades asequibles a calquera ser humano, fai que esperte a máis agochada creación e se materialice como se dun milagre se tratara.


Vitor Nieves, fala da exposición.