Reactions: An Inter-Religious Experiment.
Para a 35ª edición do Outono Fotográfico decidiuse abordar a temática da DESCRENZA desde unha ampla perspectiva que non só tivese a ver coas crenzas relixiosas, mais neste caso, o traballo inter-relixioso de Dafna Tal enmárcase á perfección na conceptualización da liña temática desta edición.
O proxecto “Reactions” nace co obxectivo de examinar como as persoas reaccionan aos sons de diferentes relixións. Foi levado a cabo no centro de Xerusalén, onde tres diferentes tipos de fe conviven no día a día da cidade.
Desde un estudio perto do portón Jaffa en Xerusalén, fíxose un convite á veciñanza e visitantes da cidade para participar na experiencia. As e os participantes foron informados que serían filmados mentres ían ouvir sons, sen saber que tipo de sons.
Deste xeito, sentábanse na siodade dun estudio escuro enfrentando unha cámara previamente preparada. Neste ambiente, escoitaban sons de rezos tradicionais de musulmáns, de xudeus, e de cristiáns namentres a cámara filmaba todo.
O resultado é unha serie de retratos-vídeo verticais con aproximadamente tres minutos cada un. Non se facilita ninguna información das persoas filmadas (nomes, tipo de vida, relixión…), polo que poden ser de calquera crenza ou até ateos ou agnósticos.
Vítor Nieves. Curador
+info da autora: www.dafnatal.com/