MARTÍN BOLLATI

La forma bruta

Curador: Vítor Nieves
 
Estudio Brétemas | Ribadavia
do 5 ao 29 de novembro de 2015
 
Espazo Lusquiños | Ourense
do 15 de decembro de 2015 ao 17 de xaneiro de 2016

Di Aby Warburg que o discurso histórico nunca nace, que sempre pode volver a comezar. Que o pasado é tanto inventado como descu-berto e que non é máis ca o mero produto dun inventor da historia (o historiador) que reconstrúe a ausencia do seu obxecto perdido e dá forma, dende o seu punto de vista e contexto, a un relato. «A Forma Bruta» olla cara as nosas orixes, investigando a representación a través do Museo. O proxecto relaciona obxecto, dispositivo de ex-posición e o punto de vista de quen observa. Trátase de (re)imaxinar a Historia a través das imaxes, entendendo que o presente leva a marca de múltiples pasados e que a nosa historia ten o poder de cambiar.

Martín Bollati.

+info do autor: martinbollati.com