
[ler em português] – [leer en español] – [read in english] – [citeste limba română]

Vítor Nieves
Curador especializado en fotografía, editor, xestor cultural e fotógrafo.
É cofundador e coordinador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, do que fai a curadoría e a produción, e director artístico do festival Outono Fotográfico.
Foi o curador de máis de 100 exposicións de fotografía. Fixo curadorías para festivais de fotografía como os Encontros da Imagem, iNstantes e Mês da Imagem do Porto – MIP (Portugal), Photoalicante (España), os Encontros de Agosto e o Paraty em Foco (Brasil).
Comisariou exposicións para galerías como a Salgadeiras (Lisboa, Portugal), Marisa Marimón (Ourense), Dosmilvacas (Ponferrada) ou Imagem Galeria Brasil (Fortaleza, Brasil); en centros públicos como o Museo Municipal de Ourense, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, o Pazo da Cultura de Pontevedra, o Museo Provincial de Lugo, o Museu da Imagem e o Centro Português de Fotografía (Portugal) ou o Museo da Indústria en Fortaleza (Brasil), ademais das exposicións que organiza anualmente nas sedes de Afundación en todas as cidades galegas.
É profesor de Curadoria Fotográfica no Master de Fotografía Artística do Instituto de Produção Cultural e Imagem do Porto e de Lisboa (Portugal); na Escuela Mistos (Alicante) e no curso de Experto en Reportaje Documental da axencia Vórtice Photo. Foi docente de fotografia no Concello do Barco de Valdeorras (Galiza). Ten impartido numerosas charlas en festivais e Escolas de Arte, e é formador no Plano de Estudos sobre Imagem Contemporânea no Brasil.
Como editor, destaca o traballo feito para a editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas na colección OF de libros de fotografía, da que é coordinador. Como autor publicou «Don’t look at my camera», unha investigación sobre a Staged Photography. A súa última publicación é unha investigación sobre Romasanta. Tamén escribe habitualmente crítica fotográfica para diferentes publicacións especializadas e artigos de opinión para xeralistas.
Foi o coordinador da Lab_in Gallery (Vigo) e director da Galería Sargadelos Valdeorras. Traballou algúns anos como fotoxornalista, época na que tamén realizou varias exposicións como autor.
Despois de anos de formación regrada (e non só) no campo das artes visuais e historia da arte, especializándose na fotografía, sigue constantemente a formarse en edición e curadoría.
Curadoría & Xestión | Exposicións | Premios | Algunhas colaboracións en prensa