
Philipe Gabriel desafía os límites da fotografía de álbum familiar revelando unha linguaxe íntima e universal, con reverberacións das lembranzas da súa propia relación coa nai. Cada imaxe da que se apropia é minuciosamente manipulada, desmontando e reconstruíndo os lazos materno-filiais. As fotografías adquiren unha nova vida nas súas mans e, polo tanto, novos significados que traen unha mudanza de significantes que convidan, entre outras reflexións, a sopesar a natureza inestábel das relacións familiares, ademais de espallarse pola idea de efemeridade, unha sorte de tempus fugit contemporáneo.
A resignificación destas imaxes apropiadas faise coa sensibilidade que caracteriza o autor, que concomitantemente desfai os lazos simbólicos entre a infancia e a autoridade, entre fraxilidade e forza, e introduce elementos de estrañamento e introspección. Os papeis — e os corpos — rabuñados e cosidos, testemuñan a dor de nacer nun corpo vulnerábel e a busca dunha identidade propia.
[…]
O autor fainos reflexionar sobre as memorias e as relacións familiares e enfróntanos coa dualidade entre apego e separación, amor e conflicto, levándonos a contemplar a natureza insondábel dos lazos que nos moldan e nos definen.
Vítor Nieves. Extracto do texto curatorial.
Philipe Gabriel. Tijucas, Brasil, 1992.
Reside em Portugal desde 2021. Através da fotografia procura perceber o outro que nos habita. Um outro que é tomado por pensamentos involuntários, estranhamentos, não-reconhecimento identitário, e que aparece muitas vezes na fotografia, no espelho ou nas próprias memórias. Num diálogo directo com a literatura, com as artes plásticas e com a psicanálise, procura desenvolver a fotografia como método de investigação artística sobre as relações humanas. É biólogo, artista visual e formou-se no Master em Fotografia Artística no Instituto de Produção Cultural e Imagem (IPCI, Lisboa). Já produziu livros de fotografia e de artista, além de ter participado em exposições colectivas e individuais com trabalhos de fotografia, vídeos e instalações.