MIGUEL AURIA

Nihil

Espazo de Arte Roberto Verino | Ourense
do 5 de novembro ao 19 de decembro de 2018
 
Sala de Fotografía Sargadelos | Vigo
do 11 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2019
   
Curador: Vítor Nieves

En 2018 celebrouse a VI edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O xurado, formado por Carmen Dalmau, directora da Galería Cero, profesora en EFTI e investigadora; Isabel Lázaro, directora de Art Deal Project e fundadora do festival Art Photo Barcelona; Anxela Caramés, curadora independente e crítica de arte; Xosé Lois Vázquez, ex-director do festival Outono Fotográfico, editor en Difusora e fotógrafo; Vítor Nieves, curador independente, coordinador de Lab_in Gallery e fotógrafo; Encarna Lago, Xerente da Rede Museística de Lugo (representando á Deputación de Lugo) e Fernando del Rio, fotógrafo titular do Museo Arqueolóxico de Ourense en representación da Xunta de Galicia, decidiu premiar o traballo de Virginia Rota e nomear como finalistas a Rosi Pardagunde e a Miguel Auria.

Cartaz da exposición.

Mais a angustia e o horror ante o efémero deben deixar paso ao encantamento de avistar o eterno.

ni.hilindefinido neutro, nada.

Tampouco o mundo é eterno. Este é o relato non narrativo dunha viaxe de destino descoñecido. O desespero a conxelar o movimento e procurar converter o tempo en algo noso, ou asumir o efémero, como se a mortalidade tamén tivese un sentido. A densidade do traxecto: a idade xeolóxica da terra, o crecemento das raíces das árbores que non vemos, a forma da follaxe.

O demodéa tensión romántica, a fascinación co trascendente. Conmove a insignificancia da espectadora detrás do vidro, movida sobre as vias labirínticas do camiño de ferro. É isto envexa da seguranza ontoloxíca do século XVI?


+info do autor: miguelauria.tumblr