RUBI LEBOVITCH

Home Sweet Home

Auditorio Municipal | Lalín, Pontevedra
do 2 ao 30 de novembro de 2016
 
Sede Afundación | Lugo
do 6 de setembro ao 7 de outubro de 2017
 
Soho | Vigo
do 3 de novembro ao 2 de decembro de 2017
 
 
Curador: Vítor Nieves

Este ensaio fotográfico parece una sorte de ilusión de teatro do absurdo, unha colección que ilustra a Casa, a contorna privada. Aparentemente son fotografías inconexas, sen unha trama clara que tanto se demanda ultimamente na linguaxe fotográfica. Escenas domésticas presentadas en imaxes sinxelas caracterizadas polo misterio, a vaguidade e o incongruo.

Rubi Lebovitch cria un xiro nas estampas familiares para construír novos contextos que lles confiren ás escenas un novo significado. Igual que nunha pintura do surrealismo, reinventa unha realidade imposíbel botando man de obxectos mundanos en espazos domésticos que viran anómalos e sorprendentes na quietude reflexiva dunha fotografía.

Aliás, tanto as personaxes como os espazos que fotografa, poden ser identificados facilmente, pois desprenden a proximidade precisa para levarnos ao eido familiar. Esas personaxes que podemos identificar con membros da nosa propia familia parecen estar desconcertadas nun entorno pouco favorábel. Nós mesmas ao ver estas imaxes podémonos sentir nun medio hostil, pois o autor sustitúe a racionalidade por unha supravisión da Casa arrevesada e esaxerada. Para iso sérvese da multiplicidade dos obxectos permitindo que se fagan máis fortes na conceptualización da imaxe, hexemonizándoos na escena fotografada para facer unha reflexión sobre a acumulación, sobre o propio obxecto e sobre a relación que temos co mesmo na Casa.

A inquietude que produce o visionado das imaxes de Lebobitch vén dada polo seu constante aprofundar na soidade e no baleiro que conecta sutilmente ao concepto de sinistro que dalgún xeito sitúa á espectadora na orixe do terror familiar freudiano. Un terror que dificilmente identificamos ao convivir con el a diario, mais como vemos nestas fotografías, acorda  unha ansiedade que socava a paz e a seguridade que por norma xeral asociamos coa Casa.

Cabe destacar que esta é a primeira exposición individual do autor na Europa.

Vítor Nieves, Curador

No Auditorio Municipal de Lalín



Rubi Lebovitch no Auditorio Municipal de Lalín polo Zigzag da TVG.

Na Sede Afundación de Lugo



A exposición na Sede Afundación de Lugo.

No Soho de Vigo


+info sobre o autor: rubilebovitch.com