LUNA TRISTÁ

Al desnudo

Galería Domilvacas.arte | Ponferrada (León)
do 15 de novembro ao 13 de decembro de 2013
Curador: Vítor Nieves

Cando miro a obra de Luna Tristá, teño a sensación de estar sentada fronte a ela, mirándoa directamente aos ollos. Veo mulleres, persoas anónimas que teño a sensación de coñecer, que me resultan tremendamente familiares.

A forza de sedución que posúen as súas imaxes radica na rotunda capacidade coa que se filtran na nosa propia memoria, evocando sensacións, traéndonos ao aquí e agora fragmentos de nós mesmos. Sensacións duais, lúgubres e luminosas que se atopan agochadas no noso interior. Esta é a fisura, a violencia coa que nos irmandamos co seu traballo.

O uso do branco e negro contribúe ao feito morriñento da súa obra, coa fin de regurxitar un falso pasado. Metáfora do anacronismo no que vive a súa Cuba natal. Conxelada nunha época que non lle corresponde.

As súas fotografías son a cartografía emocional da súa propia existencia, disparos nos que apunta a mulleres que non coñece. Tomas nas que Luna percorre a escena na procura desa identificación co terríbel, o fráxil, o grotesco, o que rexeita, o que anhela e o que ama. Instantes nos que trae á luz, a profundidade da súa propia historia.

+info da autora: lunatrista.com