VARI CARAMÉS

Pasatempo

Galería Marisa Marimón | Ourense
do 13 de novembro de 2015 ao 11 de xaneiro 2016
Curador: Vítor Nieves

Ao igual que o meu admirado André Kertész, utilizo a cámara como unha ferramenta, a través dela intento dar sentido a todo o que me rodea.

Esta nova serie que agora presento, Pasatempo, pretende ser unha reflexión, unha metáfora sobre o paso do tempo, unha visión outonal, crepuscular, unha maneira de falar do deterioro, da madurez, a fraxi-lidade e vulnerabilidade do ser humano, e de un mesmo.

Aproveito como excusa este xardín iniciático, romántico e algo naíf, como escenario e lugar de evocación, representado nesta película de súper 8 como unha reconstrución-recreación da primeira vez que visitei, con apenas 13 anos, este lugar máxico; nel pretendo evocar o deslumbramento e a sorpresa que un amateur experimenta ao visi-talo, transitando co seu tomavistas como un neno perdido nun soño.

As fotografías de formato cadrado completan o proxecto Pasatempo, utilizo para iso unha vella cámara Brownie Kodak para reforzar esa sensación atemporal, esa indefinida definición, a miña textura.Fixando detalles deste extraño lugar, castigado pola desidia e o es-quecimento; bañándome na melancolía, na nostalxia, quizáis bus-cando o aura, a maxia romántica das súas ruínas, un lugar na miña memoria, un… Pasatempo.

Vari Caramés.

+info do autor: varicarames.com