Vi de Os é unha das mostras que o Festival Outono Fotográfico programou na Coruña, na Biblioteca do Centro Ágora en novembro de 2012.
Un dos obxectivos do Outono Fotográfico sempre foi espallar o territorio xeográfico no que colocar as súas exposicións. Nesa 30ª edición, o festival consolidábase como internacional co fin de promocionar artistas galegos no estranxeiro, e expoñer o traballo de artistas de fóra dentro das nosas fronteiras. O OF saltou o atlántico para comezar intercambios con galerías e colectivos de Brasil. Esta exposición de videocreacións de Claudia Jaguaribe é froito da colaboración establecida coa Galería Baró de São Paulo, e avalada por un dos seus coordenadores, Adriano Casanova.
A produción de Claudia Jaguaribe está baseada na fotografia dixital e no vídeo. Con unha forte investigación estética sobre a descontracción da imaxe e a captura do contemporáneo, Jaguaribe subverte a cor e a forma ao apropiarse de referencias da Historia da Arte, que resultan unha combinación dun ollar persoal co ollar virtual.
A mostra consta de 5 vídeos elaborados en diferentes fases do traballo da artista (descargar a folla de sala para máis información).
+info da autora: claudiajaguaribe.com.br