Nas tradicións máis variadas e ao longo dos séculos os xardíns representan a idea de paraíso, o mito dun lugar ideal, un lugar á parte, fóra da violencia, do coñecemento e da conciencia.O xardín é un espazo utópico e irreal, símbolo do enganoso e do artificial, onde o home selecciona, somete e ordena unha natureza que creou á súa medida.
O Paraíso é unha mirada parcial e ilusoria da realidade, na que o xardín se converte nun recinto estraño e opresivo, que conxela e atrapa todo o que está nel. A fotografía fragmenta e deforma a tota-lidade do xardín para representalo como un mundo pechado onde os seus habitantes vagan sen rumbo por un espazo inmóbil no que non transcorre o tempo, perdidos na busca do paraíso.
El Paraiso no Zigzag da TVG.
+info do autor: davidmocha.com