A ría de Pontevedra anegada de lodos,
este inverno non houbo árbores para parar as chúvias. 2006
Intentando pasar de México a USA. Tijuana 2006
José RODRÍGUEZ ROMAY
Pontevedra, 1978
En 2004 terminou os estudos de Fotografía na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Fortemente atraído polo fotoxornalismo e o fotodocumental, trata de introducirse nestes dous mundos coa intención de, algún día, traballar cubrindo temas de actualidade e realizando proxectos documentais máis elaborados. Participou nas exposicións «O labor que outros deberían facer», «Ourense en pé de foto 2004», «Malta, na calor do Mediterráneo», «Estranxeiros?» e «Bienvenidos al otro lado». Tamén publicou fotografías na edición de La Voz de Galicia en Vilagarcía de Arousa unha curta tempada. Actualmente realiza reportaxes pola súa conta e estuda Belas Artes na Facultade de Pontevedra.
Exposicións: A QUEN LLE IMPORTA Á RÍA SE TEMOS FÚTBOL NO POBO? e 25 OUTONOS
|