Sen título
Xosé POLDRAS
A Coruña, 1969
Formouse en Salamanca, Hertogembosch e Maastrich. Expón desde 1989, e en 2002 comezou a súa participación en proxectos editoriais. O groso da súa obra é o gravado, aínda que traballe tamén en pintura, fotografía e escultura. Ten obra nas coleccións do Museo Reina Sofía de Madrid; na Biblioteca Nacional de Madrid; no Artium en Vitoria; no Centro de Documentación de Arte Visual de Puntahumbría; na Colección de Artes Plásticas da Deputación da Coruña e da de Ourense; no Museo Etnolóxico de Ourense; en Arte de Nuestra América (La Habana, Cuba); no museo Majdanek (Lublin, Polonia); na embaixada de Taiwan en España. Realizou exposicións en Ourense, Vigo, A Coruña, Lugo, Salamanca, Barcelona, Pamplona, Madrid, Porto e Vilanova da Cerveira (Portugal), Spilimbergo (Italia), Bages (Francia) e o Wingfield College Yard (Inglaterra).
Exposición: TRAVISTAS
|