Tocado en Arizona, da colección «Complicidades»
Albert BRULL
Barcelona, 1960
Fotógrafo autodidacta aínda que máis tarde cursou seminarios con Manolo Laguillo e Albert Maso. Tras quince anos de fotografía industrial e arquitectónica, o fotógrafo barcelonés afincouse en Ourense. Nos últimos anos dedicouse á creación e investigación no campo dixital, ademais de á docencia durante once anos. Colaborou con editoriais, onde ten publicadas centos de fotografías. Froito diso, e da súa antiga experiencia, é esta exposición na que o autor mostrou parte deste peculiar traballo dixital, na que ademais do uso destas novas técnicas tamén podemos percibir unha divertida visión surrealista.
Exposición: COMPLICIDADES
|