Sen título
Salvi VIVANCOS
Alacante, 1977
O seu primeiro contacto serio coa fotografía foi a través duns cursos para adultos aos que acudiu durante a súa estadía en Inglaterra, entre os anos 1999 e 2001. A partir do seu regreso a España, traballou como fotógrafo independente, realizando todo tipo de reportaxes, en especial para publicidade. Paralelamente, comezou a aproximarse á fotografía dun xeito máis persoal, e deste achegamento xurdiu o seu traballo «Velo», unha crónica sobre a perda de visión do seu pai. A este seguíronlle dous traballos nos que os protagonistas son os seus fillos e a relación con eles. Con «Distrito» comezou un interese polos cambios sociais que se están a producir ao seu redor (Murcia): inmigración e masificación urbanística. Actualmente está rematando os seus estudos de fotografía na Universidade Miguel Hernández de Elxe. Neste ano acadou unha bolsa en FotoPres'07.
Exposición: FOTOPRES’07
|