Cando vaias ao súper non traias cebolas, aínda quedan das do ano pasado
NÁCHOK (Ignacio Castro Goás)
Madrid, 1974
Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela (1997). Nestes catro últimos anos participou en numerosos certames e mostras colectivas, en Lugo, Pontedeume, Ourense, Santiago de Compostela, Pontevedra, Salamanca e Barcelona. En 2006 realizou a mostra individual «A outra viaxe», na sala Aturuxo (Bueu), e as exposicións virtuais «A alacena traslúcida» (en www.aregueifa.net) e «O perímetro da leira» (en www.alg-a.org); tamén participou na publicación colectiva Entrecruzar, no marco de Proxecto-Edición (Centro Galego de Arte Contemporánea, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e Fundación Luís Seoane). Desde xaneiro de 2004, e con periodicidade case diaria, publica unha instantánea no seu caderno de bitácora fotográfico na rede: www.nachok.net. En 2006 participou no Outono Fotográfico coa exposición «Bitácora, diario da outra viaxe»
Exposición: 25 OUTONOS
|