Mostra gratuíta
Patricia VALVERDE ESTEIRO
Nigrán, Pontevedra, 1981
Artista multidisciplinar. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2004), realizou o doutoramento con «Modos de coñecemento na práctica artística contemporánea». Realizou, entre outros, o curso de performances «O xogo, o discurso e o corpo» (2005) e «O cine nas fronteiras das artes plásticas», ambos no MARCO de Vigo. En 2005 tivo obra seleccionada no XV Certame de Debuxo Gregorio Prieto, no Certame Galego de Novos Creadores «Na Vangarda», na Bienal Internacional de Arte SIART 05 (Bolivia), e na XIII Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira. Xa en 2006 participou na exposición «Ximnasia pasiva», incluída en Chámalle X, Festival de Arte e Acción (Pontevedra), en «A boa vida», perfomance no CGAC (Santiago de Compostela), na mostra «Corpus: esencias e existencias», na Sala de Exposicións da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais (Pontevedra) e en «GZ crea», modalidade fotografía, en Ourense, entre outras.
Exposición: 25 OUTONOS
|