Sen título
Isabel SOMOZA
Lugo, 1973
Estudou Belas Artes en Pontevedra e Salamanca, onde se licenciou en 1996; ese mesmo ano asistiu a un curso na escola Massana de Barcelona para afondar nas técnicas do gravado, actividade que continuou a partir de entón. A súa obra vén sendo exposta desde 1993, co Gran Premio Novo na II Bienal de Arte Latino en Puy de Velay, Francia. Fixo exposicións en Vigo, Madrid, Bos Aires e Kranj (Eslovenia). Ten obra no Majdanek Museum Lublin (Polonia), na colección do Banco Gallego, na de Caixanova, nas dos concello da Coruña e de Lugo e en diversas coleccións privadas. Dirixe o centro de gravado Augatinta, dedicado á difusión e a investigación da obra gráfica, e ten presenza continuada en feiras nacionais e internacionais.
Exposición: TRAVISTAS
|