Sen título
Plácido L. RODRÍGUEZ
Gomesende, Ourense, 1954
Activo membro da Real Sociedad Fotográfica de Madrid, cun amplo currículo: exposicións –unha das primeiras, na Casa da Xuventude de Ourense en 1985–, obra publicada en revistas especializadas e na prensa diaria, e cursos. En 1997 creou en Madrid a galería de arte Artegrafía, dirixindo desde entón exposicións de obra gráfica. Participou como autor e comisario na mostra inaugurada no Outono Fotográfico de 2002 «Cuba, catro cámaras, un obxectivo». Entre as súas últimas exposicións, cabe destacar a súa participación en PhotoEspaña en 2003, no Gran Teatro da Habana en 2004 e na Casa de Galicia en Madrid en 2006, así como novos portafolios en Diorama e Arte Fotográfico.
Exposición: RETROSPECTIVA DE PLÁCIDO L. RODRÍGUEZ 1980-2006
|