Maside
Ricardo RODRÍGUEZ YÁÑEZ
O Barco de Valdeorras, Ourense, 1977
Xornalista e licenciado en Filoloxía Portuguesa. É redactor e fotógrafo do xornal O Sil na súa delegación de Ourense. De formación autodidacta no campo da fotografía, enfocada cara ao documentalismo. Após a súa estadía en Irlanda, onde colaborou coa axencia de Limerick Newsmedianews, xurdiu o seu primeiro traballo documental, «Tres paisaxes Irlandesas, unha beleza terríbel». Viaxou ao Kurdistán en 2002, e un ano despois a Marrocos, co obxectivo de reflectir a realidade cotiá en tres países musulmáns nunha triloxía sobre o Islam aínda por completar. «Mar ao Norte. Gran Sol» é a súa segunda exposición individual. Desde 2003 forma parte do colectivo de fotógrafos valdeorreses N+1, do que é cofundador.
Exposición: NEGRO NA TERRA E NO MAR
|