Sen título
Antonio M. XOUBANOVA
Madrid, 1977
Cursou Turismo e abandonouno para estudar Fotografía na escola Arte 10 de Madrid. Actualmente forma parte do colectivo Blank Paper (www.blankpaperimagen.com) e traballa como colaborador para o diario El Mundo. Obtivo a bolsa de Artes Plásticas do Ministerio de Cultura español no Colexio de España en París, o premio de fotografía documental ARCO'05, o primeiro premio da 18.º Caminos de Hierro da Fundación de los Ferrocarriles Españoles, a bolsa Fundación Santa María de Albarracín nas Jornadas de Fotografía y Periodismo, unha bolsa da Fundación Universidade Rey Juan Carlos, e unha bolsa en FotoPres'07, entre outros. Publicou o seu traballo en Geo, El Semanal, Yo Dona, ARCO Publications, Aeroport de Paris Magazine e Siete Leguas. As súas imaxes puidéronse ver en El Escaparate de San Pedro, na EFTI e no Centro Cultural Conde Duque de Madrid, entre outros lugares.
Exposición: FOTOPRES’07
|