PROXECCIÓNS DE DIAPOSITIVAS

 

IX Xornadas Audiovisuais do Clube Alpino Ourensán
Patrocinadas pola Fundación Florencio Álvarez e M.ª Teresa Esteban
No Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Ourense, Rúa Xoán XXIII, 31, soto

Día 26, luns
PATAGONIA: BELEZA E SOIDADE
por Antonio García. Escairón, Lugo, 1970 Percorrido polo Parque Nacional Torres do Paine (Chile) e o Parque Nacional Los Glaciares-Cordillera de Fitz Roy (Arxentina).

Día 28, mércores, ás 20 horas
Escalada de Cristal
por Juan Goyanes. A Coruña, 1970
Da escalada de cascadas de xeo ao mixto deportivo moderno. Un percorrido polas vías de dry-tooling máis difíciles de Europa e o Campionato do Mundo de Escalada en Xeo.

 

Día 29, xoves, ás 20 horas
Mas alá dos meus propios soños
por Rosa Fernández. Cangas de Narcea, Asturias, 1960
Rosa Fernández é a primeira española en completar «os sete cumios». Verase un percorrido pola montaña máis alta de cada continente.

Día 30, venres, ás 20 horas
Ascenso ao K2. ‘Al filo de lo imposible’
por Juanito Oiarzábal. Victoria-Gasteiz, 1956.
No verán de 2004 cumpríase o cincuentenario dunha dás ascensións míticas na historia do montañismo: a primeira escalada ao K2, realizada por una expedición italiana. Con tal motivo, o programa Al filo de lo imposible organizou unha expedición para conmemorar este aniversario. Juanito Oiarzábal preséntanos neste audiovisual a súa ascensión ao K2.