Orango neno mollado
Ruth BELTRÁN MUÑOZ
Tui, Pontevedra ,1983
Realizou o ciclo superior de fotografía artística na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, de 2003 a 2005, así como o Taller de Creación Fotográfica Luís Ksado, impartido por Ed Kashi, de National Geographic. Participou na exposición colectiva na Escola de Arte Antonio Faílde, en xuño de 2004, e na vídeo-proxección de fotografías nunha rave en Londres, en setembro 2004, e na mostra individual «Frente a frente, Londres e Túnez», no Café Cultural Auriense de Ourense, en xullo e agosto de 2005, e no Café-Pub La Galería de Vigo, en setembro de 2005. A última mostra foi na Casa das Crechas, de Santiago de Compostela, con «Guinea Bissau», nestes últimos meses.
Exposición: MULLER, PODER E DIVERSIDADE SEXUAL: OS BIJAGÓS E ZAPOTECAS
|