Sen título
Antonio PÉREZ RODRÍGUEZ
Monforte de Lemos, 1949
Formado fotograficamente en Cataluña, na Escola d’Arts i Oficis de Olesa de Montserrat, tamén fixo cursos de cor no Centro de Enseñanzas de la Imagen de Barcelona. Realizou exposicións en Vilagarcía nas cafetarías Pórticos e Musaraña, na Casa da Cultura e no Colexio de Carril, en Olesa de Montserrat, no UEC, no Centre Excursionista de Catalunya e en Chaves. Recibiu premios de Adega, Creu de Saba, de fotografía deportiva do Concello da Coruña, e na Toxa, ademais de ser seleccionado en numerosos concursos, o último en Valdepeñas «Phoco 07». Vén de recibir o primeiro premio no 11.º Certame Fotográfico Viña do Campo, en Ourense.
Exposición: 11º CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO
|