Sen título
Covadonga GUTIÉRREZ
Salinas, Asturias, 1980
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2007), goza na actualidade dunha bolsa de colaboración co laboratorio fotográfico da Facultade. Foi bolseira da Deputación de Pontevedra na disciplina de fotografía en Novos Valores 2003 e por Bolsas Talens á Creación Artística. Seleccionada no VI Certame Comarca do Sar e na X edición do Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo, recibiu un accésit no V Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo. Entre outras, participou nas mostras colectivas «Vínculos e Contrastes» na Galería Sargadelos de Ourense, e en «A fraxilidade da mirada», en Pontevedra.
Exposición: 25 OUTONOS
|