OUTRAS ACTIVIDADES

 

Maratón fotográfico: Unha ollada no outono
En Viveiro, o día 3 de novembro, organizado pola Casa da Xuventude de Viveiro. Máis información no teléfono 982 560 394.

Deshumanización. ‘Performance’ audiovisual
Un contacto directo entre os participantes de distintos niveis creativos e artísticos. A manipulación do son e as imaxes son un elemento común, para fuxir precisamente da falsa harmonía que se denuncia; a mensaxe é importante en virtude do efecto que poida provocar na audiencia, recombinando a realidade, exhibindo os monstros que esta xera na busca de destrución dos febles esquemas de mentiras sobre os que xustificamos as nosas vidas. Pode ser un berro ou un murmurio no oído, porque o que nos asusta é simplemente o contido da mensaxe.
www.myspace.com/deshumanizacionproject
Na Casa da Xuventude de Ourense, o 8 de novembro, ás 20 horas

A cámara escura
A historia da fotografía ao través da filatelia. Unha colección de selos de Joaquín Vázquez Boronat, da clase aberta, isto é aquelas coleccións que ademais de selos admiten outro tipo de obxectos ou documentación que apoien o tema.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 14 ao 28 de novembro

 

Vilanova. Imaxes da memoria
É o título da publicación que vai editar o Concello do Barco co gallo do 25 aniversario do Outono Fotográfico. A Asociación O Mosteiro de Vilanova fixo este verán unha interesante exposición con fotografías recollidas entre os veciños. Unha escolla daquelas imaxes pasarán a formar parte deste álbum que reflicte distintos aspectos da vida da xente desta parroquia do Barco.
Presentación: sábado 24 de novembro ás 19 horas no Centro Sociocomunitario de Vilanova

C@ldel@s Dixit@l
No Centro Comarcal de Castro Caldelas, en horario de 11 a 14 e de 17 a 19 horas e do 15 de outubro ao 30 de novembro proxección de fotografías da comarca achegadas por parte de veciños e visitantes.

Proxección de fotografías
Obras de máis de 50 fotógrafos do grupo Los Purificados (www.lospurificados.ning.com), comunidade de fotógrafos e artistas independentes creada a principios de 2007 en busca de visibilidade, espazos novos nos que comunicar utilizando as súas obras. As imaxes veranse proxectadas nos cristais do Pavillón.
No Pavillón das asociacións de estudantes no Campus norte da Universidade de Vigo en Ourense, do 15 de novembro ao 10 de decembro.