Homes de asfalto IV. 2008
Sheila PAZOS SILVA
Xenebra, Suíza, 1986
Cursa o último ano de Belas Artes na Universidade de Vigo. Participou en varias exposicións colectivas como «Novos Valores 2007», no Museo de Pontevedra; «Artxove» 2007 e 2008, en Pontedeume; «GZcrea 2007», na Zona C de Santiago de Compostela; no MARCO de Vigo, durante a exposición «Talking Time», froito dun taller con David Lamelas; ou no III Certame de Pintura Arte Nova Galega. Recibiu unha mención de honra no Gzcrea 2007, e neste último ano gañou un premio de vídeo experimental noV Certame Audiovisual da Universidade de Vigo, e formou parte da última edición da Bolsa de Paisaxe Xavier Pousa,en Mondariz Balneario.
exposiciÓn: CATRO MODOS DE VER
|