Sen título
Antón GARCÍA
Santiago de Compostela, 1968
Graduado en Artes Plásticas na especialidade de Fotografía pola Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela en 1996. Iniciouse na fotografía profesional como colaborador do fotógrafo brasileiro da axencia Magnum Miguel Rio Branco, en 1993. A faceta de fotoxornalista levouno a traballar con diversos medios: El Correo Gallego (1995), Nova Actualidade (1996), DxT Campeón (1996-98), Abc (1997-99) e Territorios (1997-99); ademais, mantivo colaboracións esporádicas con diversos medios como El Mundo, A Nosa Terra, Interviú ou Orixen. Despois dun breve paso pola fotografía industrial e publicitaria, dedica o groso do seu tempo á docencia, e exerce na actualidade como mestre de fotografía na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. En 2007 expuxo na Casa do Escudo de Verín e no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF) da Coruña.
EXPOSICIÓN: SAHARA O PAÍS DO DESERTO
|