da serie «Lares Loci», S/T
Diego OPAZO COUSIÑO
Santiago de Chile, Chile, 1966
Fixo un curso de perfeccionamento no Centre Fotogràfic Visor (Valencia). Recibiu numerosos premios e bolsas, que culminan co primeiro premio no IV Concurso Fotografía Purificación García, en 2006, e coa bolsa de creación artística 2007 do Musac. Realizou as exposicións individuais «Extranger», en Sueca (Valencia); «Photocontexto», no Centro Cultural da Universidad Católica de Chile (Santiago de Chile), no ano 2000; «El Hombre Subterráneo», na Sala EFTI Valencia en 2003, e en Tenerife e na Sala EFTI Madrid en 2004; e «Refugios_Espacios Latentes», na Galería Carmen de la Calle (Madrid), en 2007. Participou, alén disto, en varias exposicións colectivas en distintos puntos de España e Portugal. Ten obra en distintas coleccións, como as da Consejería de Cultura de Cantabria (2003), a Consejería de Cultura do Ajuntament de Gandia (2005), o a Colección de Arte Contemporáneo Fundación Unicaja, de Málaga (2006).
www.d-opazo.com
exposiciÓn: UNHA PELÍCULA DE PEL XIV: «LARES LOCI»
|