CURSOS

 

Técnica para a cámara dixital
Os contidos serán en torno a: cámara dixital, introdución, características salientables, técnica e control fotográfico, obtención de instantáneas, manipulación de imaxes e revelado. Comezará o 15 de outubro e durará ata o 8 de novembro, dous día á semana (martes e xoves), en horario de 20:30 a 22 horas, na sala de informática do Concello (2.º andar).
Inscricións no comercio Celta, na rúa Rosalía de Castro, 15, do Carballiño. Organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños

 

 

Curso de fotografía en branco e negro
Durante o mes de novembro, catro horas á semana repartidas en dous días. Inclúe revelado de carretes e papel. Profesor: Camilo Lorenzana. Inscrición gratuíta, na Casa da Xuventude de Chantada.

Curso de fotografía dixital
Na Casa da Cultura de Monforte
Impartido por Jesús Rodríguez Montero, martes e xoves de 20 a 22 horas. Prazas limitadas. Información no teléfono 982 404 404.