Pancho. A aventura co outro
Leo SIMOES
1968
Realizou estudos de fotografía, produción de vídeo e televisión e Historia da Arte. Durante a década dos 90 dedicouse fundamentalmente á realización de vídeos e fotografías por encargo, así como os seus primeiros proxectos fotográficos: «Encuentros», «Paseos por la lejanía» e «Mañana en el Sáhara». A partir de 2002 iniciou proxectos afastados formal e conceptualmente do estilo fotoxornalístico dos seus traballos iniciais: «Con 5 sentidos», «La aventura con el otro» e «Arteficci6n». Desde 1991 realizou exposicións individuais e participou en numerosas colectivas en España e Portugal. A súa traxectoria artística e a súa propia experiencia vital corren en paralelo e son absolutamente indisociables. A clave do seu traballo está, nas súas palabras, en pór entusiasmo, cariño, criterio e afán de perfeccionismo en todo o que fai.
exposiciÓn: LA AVENTURA CON EL OTRO
|