Límites
Aleix PLADEMUNT
Hostalric, Xirona, 1980
Graduado en fotografía (CITM) Universitat Politècnica de Catalunya en Terrassa (Barcelona), e posgrao de fotografía en México (bolsa UDLA), en 2003/04. Realizou exposicións individuais dentro do programa proxectos en London Art Fair (Londres, 2008), na Sala La Kursala (Universidad de Cádiz, 2007), e na Primavera fotográfica (Fotòpsia, Barcelona, 2004). Tomou parte en numerosas exposicións colectivas; a última delas foi en ARCO 08 (pola galería Valle Ortí, de Valencia). Obtivo o 2.º premio no Concurso de Fotografía Caixa Terrassa en 2008, a Bolsa Ángel de Fotografía e o Premio Injuve 2006; foi finalista no VI Premio de Fotografía Caixa Terrassa en 2006, e seleccionado no II Concurso de Fotografía Purificación García e no V Premio de Fotografía Caixa Terrassa. Conseguiu ademais unha bolsa da Universidad de las Américas (UDLA), en Cholula (México), en 2004.
exposiciÓn: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PURIFICACIÓN GARCÍA 2008
|