PROXECCIÓNS DE DIAPOSITIVAS

 

IX Xornadas Audiovisuais do Clube Alpino Ourensán
Patrocinadas pola Fundación Florencio Álvarez e M.ª Teresa Esteban.
No Centro Cultural Deputación de Ourense, rúa do Progreso, 30 (Ourense)

Día 19, mércores, ás 20 horas
RECUERDO DE ALASKA
por Javier Moldes Magdalena (Pontevedra, 1967)
Ascensión ao Denali (McKinley), en xuño de 2008, levada a cabo pola expedición J-2, que estivo formada polo leonés Javier Fernández López, do Club de Montaña Yordas, e Javier Moldes Magdalena, do Club Alpino Ourensán.

Día 20, xoves, ás 20 horas
O NOSO TERREO DE XOGO: SELECCIÓN DE ESCALADAS
por Manuel Veiga Rial (Epsom, Inglaterra, 1971)
Percorreranse algúns dos macizos e montañas máis significativos da xeografía peninsular, desde o punto de vista da escalada clásica ou de parede. Para iso, amosaranse varias escaladas de dificultade por algunhas das paredes máis coñecidas no ámbito montañeiro.

 

Día 21, venres, ás 20 horas
LHOTSE 8.516 M
por Jesús Calleja (León, 1965)
O Lhotse é a cuarta montaña máis alta do mundo. Nesta proxección, Jesús Calleja, protagonista do programa Desafio Extremo da canle de televisión Cuatro, amósanos a súa ascensión. Con ela converteuse no único español en chegar á cima, no 50 aniversario da súa primeira ascensión; traballou moi duro en equipar a ruta, usando soamente unha botella de osíxeno, e escalando desde o campo IV (7.900 m) ata a cima, e descendendo ao campo base (3.500 m), en tan só 15 horas e 50 minutos (o normal son tres días), posiblemente marca mundial. Fixo cima en solitario o día 12 de maio de 2006. Jesús Calleja ten viaxado incansablemente, desde os 18 anos, por todo o mundo practicando os deportes que domina: motocross, submarinismo, alpinismo..., aínda que son salientables as escaladas feitas en España, que é onde ten alcanzado a máxima dificultade técnica, tanto en roca como en xeo. Tamén cabe subliñar as súas 34 expedicións ao Himalaia, onde ten escalado picos de 6.000, 7.000 e 8.000 metros, incluíndo o monte Everest.