OUTRAS ACTIVIDADES

 

Ferrol, a mirada vivida
Proxección fotográfica de retratos realizados por Luis Botana, Ovidio Aldegunde, Carlos Carballeira, José Pardo, Kiko Delgado e Jorge Meis polo 150 aniversario do título de «cidade» de Ferrol. Son doce persoas retratados por cada fotógrafo. Horario: de 11 a 13:30 e 17 a 21 horas; luns, pechado. Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.
No Centro Torrente Ballester de Ferrol, ata o 14 de novembro

Presentación da Asociación de Reporteiros Galegos Solidarios (AGARESO) e dos seus primeiros traballos gráficos en Marrocos e co Pobo Saharaui
Dous fotógrafos, Miguel Núñez e Pelu Vidal. Presentan AGARESO Juan de Sola e Teresa del Río, presidente e vicepresidenta da organización.
O 8 de novembro, ás 12 horas, no local de Amarante e Verdegaia en Ourense, na avenida da Habana, 64.

Presentación do libro de fotografía ‘Plácido L. Rodríguez.
Retrospectiva 1980-2006. Sol de Galiñas’

Libro co-editado pola Tenencia de Alcaldía de Ourense e a Fundación Caixa Galicia.
No Museo Municipal de Ourense, o luns 17 de novembro, ás 12 horas.

 

 

Concurso Casa da Xuventude de Chantada
Para todos os interesados. Tamaño mínimo de 18 x 24 cm. Máximo catro fotografías por autor, e dúas como mínimo. Branco e negro ou cor. Tema libre, cun premio especial para a mellor fotografía que teña como tema os traballos do campo. O prazo de entrega pecha o 23 de novembro. Premios: cámara fotográfica dixital, reprodutor portátil de DVD, reprodutor MP4 e trofeo para a mellor fotografía sobre os traballos do campo.
Todas as fotos exporanse do 27 de novembro ao 14 de decembro, na Casa da Xuventude de Chantada. TelÉfono 982 441 614.

Presentación dos proxectos finais do Ciclo Superior de Fotografía
da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense

O día 18 de decembro ás 10:30 horas, no salón de actos do centro. Avenida da Universidade, 18.

Proxección dun audiovisual sobre «Había una vez un niño»
A mostra «Había una vez un niño», de Juan Diaz, inaugúrase con este acto, en que o autor estará presente e manterá un coloquio cos asistentes.
O 26 de novembro, ás 20 horas, no Edificio Politécnico do Campus de Ourense

Las Marcas de Belfast
Proxección de fotografías de José Rodríguez Romay. Trata das marcas físicas do conflito de Irlanda do Norte, 10 anos despois do comezo da paz. É un de dos traballos máis serios e elaborados do autor. 
Na Casa da Xuventude de Ourense, o 27 de novembro, a partir das 20 h, pases cada media hora.