Díptico Felipe
Kiko DELGADO
Ferrol, 1968
Comezou na fotografía na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña; ao rematar iniciou a colaboración cos medios de comunicación escritos de tiraxe nacional e local, entre os que cabe destacar El Mundo, na súa edición de Galicia, así como nos seus suplementos, Magazine e La Luna de Metrópoli. Compaxinou estas colaboracións co traballo na delegación ferrolá de El Correo Gallego e O Correo Galego (na actualidade Galicia Hoxe), edicións coas que colabora diariamente. No ámbito estatal mantén relación con varias axencias que distribúen as súas fotografías, a través das cales publicou en Hola, Diez Minutos, Interviú, Tiempo, La Clave, Emprendedores, etc. Tamén ten unha estreita relación coa editorial Embora, coa que colaborou na edición da maioría dos seus traballos. Expuxo en varias edicións de «Galicia en foco», organizadas polo Club de Prensa de Ferrol, e ademais realizou unha exposición individual na Galería Sargadelos de Ferrol co fotógrafo Ovidio Aldegunde e participou en colectivas con fotógrafos da cidade departamental. Non participa habitualmente en concursos e o que trata é de pasalo ben facendo fotos.
ProxecciÓn: FERROL, A MIRADA VIVIDA
|