da serie Mundo hoxe
Eduardo RUBIO
Barcelona, 1951
Cursou estudos de xornalismo na Universidade de Barcelona. Desde moi novo viaxa por todo o mundo realizando reportaxes que publica en diferentes medios españois e estranxeiros. Apaixonado do Terceiro Mundo, os conflitos bélicos e os temas sociais, acostuma a fuxir de protagonismos. «Só son un ser inquedo e curioso e cada vez máis comprometido, que trata de ser consecuente cos seus principios despois de todo o visto e vivido». A fotografía converteuse na súa gran paixón: «Non son un artista, iso téñoo moi claro; a cámara é a miña ferramenta para loitar a favor dos máis febles e por un mundo mellor». Publicou os libros Niños (Lunwerg, 2002), El mundo hoy. Nosotros (Lunwerg, 2004), Guatemala (Lunwerg, 2005) e Chagas. La enfermedad olvidada (Médicos sen Fronteiras, 2005).
exposiciÓn: O MUNDO HOXE: NÓS
|