Sen título
Sol SÁNCHEZ
Casas del Monte, Cáceres, 1956
Pintora e fotógrafa autodidacta, comezou pintando retratos, nus, bodegóns, paisaxes e mariñas, nunha liña realista-figurativa. Gradualmente, abandonou este estilo para perderse na abstracción. Caracterízana o seu gusto pola cor e o óleo sobre o acrílico. Como temas habituais e recorrentes na súa obra están o máis alá, a reencarnación, os sucesos paranormais, os fenómenos ovni, o destino, a linguaxe dos soños e as premonicións. Destaca a colección «Kaos», dedicada ás vítimas do terrorismo do 11-M. En fotografía dixital, «Flowers 07» aglutina quince fotografías de temática floral, en 50 x 70. Ten numerosas exposicións individuais e colectivas.
exposiciÓn: DIÁLOGO INDUSTRIAL
|