CONCURSOS

 

Casa da Xuventude de Chantada
Para todos os interesados. Tamaño mínimo de 18 x 24 cm. Máximo catro fotografías por autor, e dúas como mínimo. Branco e negro ou cor. Tema libre cun premio especial para a mellor fotografía que teña como tema o patrimonio. O prazo de entrega pecha o 23 de novembro. Premios: cámara fotográfica dixital, reprodutor portátil de DVD, prismáticos e trofeo para a mellor fotografía sobre o patrimonio. Todas as fotos exporanse do 27 de novembro ao 14 de decembro, na Casa da Xuventude de Chantada. Teléfono 982 441 614.

 

 

Concurso/exposición de fotografía artística infantil «O outono en imaxes coloridas»
Para rapaces entre os 7 e 12 anos. Técnica libre, tamaño 13 x 18 cm. Tema baseado na estación do outono. Os traballos poderán presentarse ata o venres 17 de novembro, por correo ou persoalmente na Casa Municipal da Xuventude de Barbadás (Parque da Solaina s/n, A Valenzá, 32002 Barbadás), organizadora da actividade. Os premios, consistentes en dous lotes de libros de aventuras e dous lotes de xogos de mesa, coñeceranse o día 26 de novembro e serán entregados o día 29, ás 19 horas, coincidindo coa inauguración da mostra que permanecerá exposta ata o 15 de decembro. Coordina: Elena Álvarez Fernández. Máis información no teléfono 988 391 526.