Xente no medio 1
Maribel LONGUEIRA MIRA
A Coruña, 1951
Licenciada en Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 1972 realiza e colabora en actividades de interese plástico: cinema, teatro, cerámica e pintura; na actualidade céntrase na fotografía. Fotografías súas foron publicadas en diversas revistas e xornais, así como nas guías das provincias da Coruña e Ourense, ambas as dúas publicadas por Caixa Vigo. Súas son tamén as fotografías que ilustran o libro Habana flash de Xavier Alcalá. Publicou o libro Alguén agarda que volva alí, fotografías da vida na Habana, acompañadas de textos de escritoras e escritores galegos, escolma dunha exposición que percorreu diversos lugares de Galicia.
ExposiciÓn: XENTE NO MEDIO
|