Trans 4
Juan ADRIO
Pontevedra, 1971
Licenciado en Belas Artes na Facultade de Pontevedra, é profesor de Fotografía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense desde 1999. Expón regularmente desde o ano 1999; destacan as súas últimas exposicións individuais na Galería Art Window de Barcelona, en 2007, e na Galería La Suite,tamén de Barcelona, en 2005, así como a participación en diferentes mostras colectivas como as da Galería Agora 3 de Sitges e a da Marmara Faculty of Fine Arts, ambas neste ano, ou «Arte en Pontevedra V – A Fraxilidade da Mirada», en 2006. A súa obra estivo presente no Salón d’Art de Barcelona – BART (outubro de 2008), na Feira Internacional de Arte Contemporánea de Estrasburgo (2007) e na Feria Internacional de Arte Contemporáneo de Marbella (2006). Traballa ademais no campo editorial e publicitario; é de subliñar o traballo do libro Arte no Parlamento, editado polo Parlamento de Galicia.
ExposiciÓn: TRÁNSITOS
|