O Outono Fotográfico enche Vigo de imaxes

O festival galego de fotografía chega a Vigo na súa 31 edición con sete exposicións, posicionándose nas sete cidades galegas.

A presentación da programación viguesa facíase onte no Colexio de Arquitectos de Vigo, que albergará “Fragmentos“, unha exposición de Roi Alonso que se inaugurará mañá ás 20.30 horas.

“Fragmentos” aproxímase á realidade construída seleccionando coidadosamente entre mensaxes, buscando o momento, a perspectiva, para presentarnos unha nova realidade. Unha realidade persoal e propia de Roi Alonso. O interese non está na representación da realidade, senón na abstracción plástica e a xeometría que desta se nos presenta. Acostumados a percibir a arquitectura dende a identificación dos seus volumes ou os espazos que xenera, este proxecto fixa un marco para descubrirnos pequenos detalles das obras máis recentes e de interese realizadas en Vigo. Obras usadas como escusa, onde a manipulación da perspectiva, o xogo de sombras, os reflexos e as texturas dos materiais descóbrennos un mundo rico en matices e sensacións.

Ademáis desta exposición, na mesma cidade poderemos ver mostras moi diferentes como “Galicia entra na Modernidade“, no Centro Social de Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz); unha mostra de fotografías históricas dos maestros Rizo e Esteirán, un traballo feito xusto no momento en que os fotógrafos abandonaban o estudio, e saían a fotografar á rúa.

O Colectivo Puntoonce, formado por Sara Costas, Natalia Figueoras, Ramón Rodellar, Miguel Rodfer, Brais Seara e Saínza Trébor, preséntannos “Es de día en Australia”, na Sala BBVA (Av. García Barbón). Un traballo feito coa premisa de fotografar con largas exposicións e en condicións lumínicas adversas.

Outro colectivo, Arte_K3 (Sofía Cernadas, Iria Cruz, Marcos Faria, Kike Martínez, Sara Priego e Tony Vacas) traballaron para acabar expoñendo na Sala Detrás do Marco (na Rúa Londres) “Esteno Photo”, unha morea de imaxes feitas co artiluxio máis primixenio de captar imaxes.

A Sala que este colectivo ten na rúa Isaac Peral, exporá dúas exposicións. Do 8 ao 30 de novembro o traballo feito en manicomios chamado “De Marbella a Torremolinos” de Xosé Reigosa Piñeiroa, e do 5 ao 28 de decembro, o sigular traballo de Pablo María García Llamas, chamado “Ano”.

Por último, na JT Gallery, poderemos ver un grande traballo realizado por Álvaro Laiz e David Rengel, chamado “Future Plans

Agora, só queda facer un percorrido pola cidade para ver as mellores fotografías en calquera tarde deste Outono.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *