VIGO. Detrás do Marco, do 15 de novembro ao 13 de decembro.
Curador: Tony Vacas
Las alegres casadas de Windsor, Iria Cruz
Esta exposición é produto dun ano de traballo dalgúns compañeiros que integran Arte_K3, a súa inquietude pola fotografía estenopeica tivo orixe en diversas actividades que Arte_K3 organizou durante o ano 2012 e agora compártese nesta exposición.
Sofía Cernadas
Madrid 1983
Fotógrafa afeccionada, empeza a súa andaina dentro do Movimiento Arte_K3 no ano 2011, colaborando activamente en todas as súas actividades e axudando ao crecemento do grupo dentro do ámbito fotográfico.
Iria Cruz
Vigo 1986
Fotógrafa afeccionada, únome ao movemento Arte_K3 no ano 2012. Agora colaboro activamente en todas as actividades do grupo, axudando ao crecemento deste dentro do ámbito fotográfico.
Marcos Faria
Vigo 1975
Fotógrafo afeccionado, en 2011 intégrome no Movimiento Arte_K3 colaborando en actividades e axudando ao crecemento do grupo dentro do ámbito fotográfico.
Sara Priego
Vigo 1976
Afeccionada á fotografía dende idade moi temperá, intégrome no Movimiento Arte_K3 no ano 2011. Dirixo e imparto monográficos de historia da fotografía dentro do grupo.
Kike Martínez
Vigo 1969
Fotógrafo afeccionado, son un dos compoñentes máis antigos do movimiento Arte_K3. Dende entón colaboro en todas as actividades que van xurdindo no grupo.
Tony Vacas
Buenos Aires 1969
Fotógrafo profesional e membro fundador do Movimiento Arte_K3. Actualmente é o director do grupo, coordinando e organizando todo o que no grupo xorde