Álvaro Laiz e David Rengel FUTURE PLANS

VIGO, JT Photogallery, do 11 de novembro ao 10 de xaneiro.

futureplans

Akello Emmanuela, 8 años

Future Plans é un proxecto de difusión e concienciación en colaboración con diversas ONG’s que traballan dende hai tempo con ex nenos e ex nenas soldado do LRA que creceron nos campos de refuxiados de Uganda e que agora entraron na madurez.
ANHUA quere deixar testimuña do seu pasado e futuro a través de retratos a tamaño natural e diversa documentación recompilada nas diferentes ONG’s.
Preséntanse os personaxes e tras eles unha lista de todas aquelas cousas que perderon durante o seu cautiverio, así como as súas esperanzas e plans para o futuro.
Grace Auma, Nighty Akoko, Nancy Abwot ou John Otto Baptits, decidiron contar unha vez máis o que sufriron no bosque, na montaña, no deserto; falar sobre as persoas que tiveron que asasinar; lembrar os berros dos nenos que morían apaleados; denunciar as violacións continuadas; chorar a morte dos seus familiares e escoitar o rechazo xeneralizado dun país que non sabe como acollelos, para dicirnos que eles tamén teñen futuro e non van permitir que llo rouben de novo.
«Imaxina que a túa vida é unha grande parede en branco. Imaxina que tes un xiz para escribila. Que porías?»

http://www.an-hua.org/projects/future-plans

 

Álvaro Laiz
León 1981
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca e posteriormente fotografía en Madrid. En setembro de 2011 únese á sección de Reportaxe Internacional de Cordon Press. Durante os últimos catro anos traballou documentando proxectos en África, Asia ou Europa con organizacións e ong’s como Cruz Vermella, Médicos Sen Fronteiras, World Vision ou a Fundación Schweppes como freelance.
Co-fundador da axencia An Hua dedicada a realizar fotoxornalismo social para dar a coñecer a realidade esquecida polos medios de comunicación. Continúa a súa formación a través de cursos e talleres con fotógrafos como Pep Bonet, Klavdij Sluban ou Gervasio Sánchez.
Ademais de fotógrafo traballou como xornalista para medios de prensa escrita e radio como o diario El Mundo ou Cadena Ser.

David Rengel
Torreblanca de los Caños, Sevilla 1978
Fotógrafo e documentalista. A súa actividade relaciónase co mundo cinematográfico dende hai máis de 14 anos.
Operador, director de fotografía ou axudante de cámara en spots, videoclips, series de televisión, películas ou documentais nacionais e internacionais. Realizador e colaborador de documentais de temática social. Documentou proxectos en Asia, África, Centro América, Europa, coa colaboración de ong’s como Cruz Vermella e Médicos Sen Fronteiras. Co-fundador de An Hua.

Share on FacebookTweet about this on Twitter