Roi Alonso Padín FRAGMENTOS [VIGO]

VIGO. Colexio de Arquitectos de Vigo, do 13 ao 30 de novembro.

Curadora: Rita Ibarretxe.

roialonso

Fragmentos 011

Fragmentos [Vigo] forma parte dunha serie que comezou en Coruña, continuou con Santiago e segue en Vigo. A serie FRAGMENTOS aproxímase a esta realidade construída seleccionando coidadosamente entre esas mensaxes, buscando o momento, a perspectiva, para presentarnos unha nova realidade. Unha realidade persoal e propia do fotógrafo. O interese non está na representación da realidade senón na abstracción plástica e a xeometría que desta se nos presenta. Acostumados a percibir a arquitectura dende a identificación dos seus volumes ou os espazos que xenera, este proxecto fixa un marco para descubrirnos pequenos detalles das obras máis recentes e de interese realizadas en Vigo. Obras usadas como escusa, onde a manipulación da perspectiva, o xogo de sombras, os reflexos e as texturas dos materiais descóbrennos un mundo rico en matices e sensacións.

 

Roi Alonso Padín
Vigo 1979
Arquitecto pola ETSA de A Coruña.
Traballa como arquitecto dende o ano 2004.

Share on FacebookTweet about this on Twitter