Glorianna Ximendaz é nomeada Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na súa undécima edición

O certame lanzado pola Asociación Outono Fotográfico co apoio da Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo premia nesta edición o proxecto «Orixe».

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Pretende promover a creación dun espazo fotográfico no noso País que complemente o creado durante máis de tres décadas polo festival Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autoras e autores tanto nacionais como estranxeiros.

Neste sentido, o traballo da costarriqueña Glorianna Ximendaz entronca á perfección co obxectivo do Premio. «Orixe» é un proxecto que aborda o problema de abusos sexuais e violencia que asolou as mulleres da familia da autora, incluíndo a súa propia experiencia en primeira persoa. A través de poderosas imaxes e a exploración de lembranzas pasadas, este proxecto pretende recuperar as historias familiares que foron silenciadas, desde o empoderamento, a resiliencia e a denuncia.

Ximendaz, artista e poliactivista, visibiliza o grave problema ao que se enfrentan as mulleres da América Latina, onde se enfrontan a estatísticas asombrosas de violencia de xénero e feminicidio, contribuíndo ao desmantelamento dos sistemas perpetuados polas sociedades patriarcais.

O Premio consiste na produción dunha exposición e a edición dun libro, ademais da posta en valor do traballo gañador itinerando a exposición durante 2 anos e distribuíndo a publicación.

O xurado, que visualizou proxectos chegados desde numerosas localidades de toda Europa. América, e África estivo este ano composto por Rita Ibarretxe, historiadora da arte, curadora independente e fotógrafa; Paulo Cacais, director artístico do festival Álbum (Terrassa), curador e artista; Carla Bacellar, codirectora do festival Encontros da Imagem (Braga, Portugal) e curadora; Xosé Lois Vázquez, presidente da Asociación Outono Fotográfico, editor e fotógrafo e o curador e profesor Vítor Nieves. Por parte das institución patrocinadoras, Eduardo Ochoa, fotógrafo e presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá (representando á Vicepresidencia da Deputación de Lugo) e Eva Torres, Directora Técnica de Espazos Expositivos e Áreas Museísticas do Concello de Ourense (en representación da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia).

A exposición resultante do proxecto de Glorianna Ximendaz inauguraráse en decembro na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) para logo comezar a itinerancia polas cidades galegas así como outras localidades de Portugal e do resto do Estado Español.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Vítor Nieves.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting S.L. que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.

Esta web utiliza cookies. Podes ver a política de cookies. Se continúas navegando estás a aceptala!    VER
Privacidad
Call Now Button