Realidade animada

Convite da exposición
Esta mostra multidisciplinar foi comisariada por Vítor Nieves para itinerar por varias vilas e cidades de Galicia e do Bierzo durante o 2.007 e 2.008.
A exposicón “REALIDADE ANIMADA” está artellada con distintas obras pertencentes a un universo creado por Magín Blanco (cantautor) para o seu novo traballo discográfico “REALIDAD” (Pai Música). Este disco acompáñase dun libriño que lembra un caderno de bitácora, ou unha libreta de notas de artista, e nel aparecen imaxes e textos. Podemos atopar dende a reproducción das obras pictóricas de Coquixo ata unha serie de ilustracións feitas para a ocasión de Iván Prieto. A esta serie séguelle outra de fotografías de Vítor Nieves, tamén creadas baixo o consello conceptual de Magín Blanco. Todas as imaxes se acompañan de breves relatos feitos entre Camilo Franco (autor de Palabras Contadas, Xerais, 2006; entre outros) e o propio Magín Blanco. Este libriño complementa perfectamente o traballo musical formando un todo que redunda ese universo imaxinario e onírico de Magín.
REALIDADE ANIMADA non é máis que a transformación do libriño nunha exposición. Nela convivirán as ilustracións de Iván coas fotografías de Vítor, ou os cadros de Coquixo co VideoArt da Fundación Luís Seoane que reinterpreta o libro de Camilo. Todas as obras presentadas a carón dos textos de Magín.
Cada vez que se presentou a exposición fíxose unha inauguración que consistiu, básicamente na presentación do disco a mans de Magín Blanco, interpretando uns temas, acompañado de Camilo Franco, que, a modo de monologuista, relataba algúns dos breves escritos do, daquela, seu último libro.
REALIDADE ANIMADA por un lado mestura distintas disciplinas (pintura, fotografía, ilustración, vídeo, literatura e música) nun mesmo espazo, pero todas as obras teñen un nexo común: ese metamundo de carácter intimista creado por Magín Blanco, pero extrapolable a calquera persoa e o produto que mellor o reflicte: o seu novo disco. E por outro entrar de cheo cun proxecto musical, que a priori, nunca chega a salas de exposicións ou espazos museísticos.
(Ver currículos dos participantes)
- A escada. Iván Prieto. 40x40cm.
- A miña borracheira. Iván Prieto. 40x40cm.
- As mareas. Iván Prieto. 40x40cm.
- As súas cousas. Iván Prieto. 40x40cm.
- Huertas. Coquixo. 131 x 94 cm.
- O corazón dos paxaros. Iván Prieto. 40x40cm.
- Realidade. Iván Prieto. 40x40cm.
- Revelación. Iván Prieto. 40x40cm.
- S/T. 01. Da serie “Intimidades e outras músicas”. Vítor Nieves
- S/T. 03. Da serie “Intimidades e outras músicas”. Vítor Nieves
- S/T. 04. Da serie “Intimidades e outras músicas”. Vítor Nieves
- S/T. 05. Da serie “Intimidades e outras músicas”. Vítor Nieves
- S/T. 07. Da serie “Intimidades e outras músicas” Vítor Nieves
- S/T. 08. Da serie “Intimidades e outras músicas”. Vítor Nieves
- S/T. 09. Da serie “Intimidades e outras músicas”. Vítor Nieves
- S/T. 10. Da serie “Intimidades e outras músicas”. Vítor Nieves