
Lois Patiño | Bernardo Tejeda | Amaya González Reyes | Álvaro Negro | Pablo Barreiro | Carla Vijande del Río | Jose Romay | Carlota Salgado Leal
Casa da Xuventude | Ourense do 24 de novembro ao 4 de decembro de 2011 Curador: Vítor Nieves
Movimentando.of é unha experiencia do Outono Fotográfico (2011) na procura de novos diálogos. É unha porta que se entreabre ao movemento sen perder o estatismo. En 2011 móstrase en Ourense e no 2012 en Barcelona.
Esta nova mostra creada por Vítor Nieves para o OF pretende amosar ese lado da videocreación máis próximo á fotografía, se é que algunha está lonxana.
E con esta teima foron procurándose os e as artistas participantes para conseguir pezas de vídeo case fotográficas, ben sexa porque á hora da produción se empregaron cámaras fotográficas, porque na editaxe intervía dalgún xeito a fotografía, ou porque, por seren artistas arrastrados da disciplina fotográfica, empregan unha mirada no vídeo onde o estatismo, o encuadre, o punto de vista, a distancia focal, o espazo e o tempo toman unha particular relevancia que non é moi común no eido do videoarte.
Entrevista a Vítor Nieves sobre a exposición.
Quixera aprender a voar
para ter puntos de vista axeitados,
quixera comezar o voo momento antes de cada clic.
Teño saudade desas ás porque á fin, sairá
unha imaxe máis.
DÁDEME ás e debuxarei novos vieiros
para seren andados,
aínda que diredes que é unha capacidade intrínseca de meu.
Farei sendeiros.
Será condictio sine qua non para saír do val das penurias,
SAIREMOS t o d a s
cara onde camiñamos? non sigades
a alienación
marcada
SAÍDE
Só sodes insignificancias se vos comparamos coa inmensidade dos soños.
quen esculpiu o voso peito duro nese material tan mol?
quen fixo de vós unha morea numérica?
eu xa son números
eu tamén me atopo no camiño
eu non son que son
por iso quero deixar de escoitar,
de ver,
quizáis entón perciba ilusións novas.
Alienad*s, imos, sen rostro, o roubo da equipaxe xo non o superaremos.
DÁDEME ás e debuxarei vieiros novos
novos
coa luz que agora vos desfigura.
Vítor Nieves, curador.
Ligazóns: Lois Patiño | Bernardo Tejeda | Amaya González Reyes | Álvaro Negro | Pablo Barreiro | Carla Vijande del Río | Jose Romay | Carlota Salgado Leal