Fran Hervello, Xulio Correa, Xoán Piñón, Xosé Lois Suárez Canal, Vari Caramés, Vítor Nieves, Manuel Sendón, Andrea Costas, Victoria Diehl, Tono Arias, Nieves Loperena, José Paz, Xurxo Lobato e Enrique Lista

 
Galería Sargadelos | O Barco de Valdeorras
do 2 ao 21 de novembro de 2006
 
Museo Municipal | Ourense
do 23 de novembro ao 17 de decembro de 2006
 
Curador: Vítor Nieves

Hoxe todo existe para culminar nunha fotografía.

Susan Sontag. Sobre fotografía.

Baixo un nome de reminiscencias kodakianas, amósasenos un mundo no que sumerxerse, o da fotografía contemporánea.

Dende hai varios anos a fotografía tense mergullado por completo no campo das artes en tanto en cuanto foi perdendo os seus clixés atávicos (formatos, bidimensionalidade, acabados, ruptura cos formalismos, reflexividade…). É algo do que non cabe dúbida, sendo unha das disciplinas máis empregadas polos novos artistas, e na arte contemporánea. Ainda que hoxe en día xa non se fala de disciplinas, por que os límites interdisciplinares foron desleándose a medida que ían nacendo propostas novas enmarcadas nun discurso posmoderno e ad hoc co tempo globalizado e cambiante a ritmo vertixinoso que nos tocou vivir.

Iconos é un percorrido visual que nos fala acerca do que se fai actualmente no mundo da fotografía en Galicia, a modo dun pequeno resumo da historia máis contemporánea do medio no País. Prantéxase como un espazo onde teñan cabida distintos artistas, dende os máis consagrados, ata os máis novos. Nela participan os galegos máis punteiros e activos. Sobre todo é unha exposición que segue o discurso da arte máis vangardista da Galicia actual, esa corrente que se iniciou hai xa uns anos, e que pronto daría a volta ó mundo, partindo das tres “cidades da cultura” galegas, pero, todo sea dito de paso, esquecéndose do resto de cidades e vilas que quedan fóra de todo circuito artístico-cultural e onde na arte segue imperando o ruralismo rosaliano máis absolutista.

Iconos nace como idea dinamizadora do arte fotográfico actual. É unha idea aglutinante dos distintos movementos e estilos fotográficos existentes en Galicia. Por tanto é pioneira, porque nunca antes se concentraran nunha mesma exposición artistas consagrados (escola coruñesa e viguesa), fotoxornalistas, paisaxistas, directores editoriais e novos valores, unha variada exposición, unha forma de ver un pequeno resumo da recente Historia da Fotografía galega. Os artistas deixáronse comisariar (per)seguindo esa teima, esa idea clarificadora e megalómana definida nunha soa palabra: Iconos. Clarificadora porque esa verba define a síntese da fotografía (icono deriba do grego e significa imaxe). E megalómana porque esta non é a primeira vez que se emprega esta palabra nun proxecto fotográfico; digamos que é un guiño á George Eastman House (Internacional Museum of Photography, creado por Kodak en 1947). Ésta nombra coa palabra Icons algunhas das súas exposicións e publicacións que conteñan fotografías dos grandes da historia do medio pertencentes ó seu fondo, o máis importante do mundo; de ahí que escollera este nome para a exposición porque non se pretende tanto un tema central a modo de fío conductor da exposición (algo que se fai sempre), senon unha exposición dinámica, distinta e histórica no sentido en que cada imaxe se convertirá nun icono da historia da fotografía e da arte.

Vítor Nieves. Curador