O Outono Fotográfico oferta un Obradoiro de Produción Fotográfica

Imagena2 serán os encargados de xestionar o curso que oferta o festival e que impartirán Alejandro Novoa e José Rei García.

O curso será o sábado 17 na Escola de Arte Antón Faílde de Ourense, e poderase aprender o relativo ás fases de produción dun traballo fotográfico de calidade, xestión de cor, optimización de saída para copiado Find Art Inkjet, materiais e tipos de enmarcados de exposición e conservación.

O obxectivo é dotar aos asistentes de toda a información necesaria para controlar a produción fotográfica de calidade, ofrecendo unha metodoloxía para sistematizar os procesos de produción para un correcto fluxo de traballo. Informar das características dos materiais utilizados nos procesos de copiado Inkjet, enmarcado de exposición e conservación de copias fotográficas. O alumnado poderá tocar e comparar os distintos materiais tanto de copiado como de enmarcado para unha mellor asimilación da información.

Para a inscrición, deberase enviar ao correo-e participa@outonofotografico.com un documento de texto co nome, correo-e e teléfono de contacto, acompañado do comprobante bancario do pago da inscrición de 60 €, na conta bancaria: 2101 0939 26 0013073093

Obtén mais información aquí.

1 Response

  1. Santi di:

    Que tudo!Je1 ate9 anotei as tendeancias! Como eu fico feliz quadno vejo 60s mais uma vez dando o ar da grae7a nas lojas Beijos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *