Cé Tomé mostra a súa obra na Estrada

O artista inaugurou hai uns días Dispar, un traballo de fotografía e instalación fotográfica deste autor multidisciplinar que traballa a cabalo da arte plástica e a música. A mostra pode verse en Dispara até o 19 de novembro.

Na inauguración da exposición, no centro da Estrada, dous DJ serviron de preludio á presentación das cinco series fotográficas do artista.

“Cando teño unha idea intento expresala cos medios que teño ao meu alcance, neste caso tanto na fotografía como no collage” explica Cé Tomé, crítico e rigoroso coa súa obra.

Coas fotografías, fuxe tamén da súa capacidade de reproducción, da condición que está na propia naturaleza do revelado. As de Cé Tomé son pezas únicas, herdanza da pintura, imaxes singulares que ficarán só na man de quen se achegue a elas. “Son respectuoso até o extremo con quen leve unha das miñas fotografías a súa casa. Non atopará outra igual en parte algunha. Está feita só para esa persoa” comenta.

Dispara, a sala xestionada polo fotógrafo Tono Arias, mostra imaxes de dúas series creadas para esta mostra, unha antiga e dúas instalacións que sorprenderán ao público. No conxunto mostra a felixibilidade das distintas técnicas fotográficas, visitando desde a analóxica, con positivado manual peza a peza, á dixital.

Fonte: Sermos Galiza

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *